Pois esta tarde , despois dun par de meses co PC estropeado e eu no medio de exames e cunha gripe que me botou 3 días na cama ( e da que aíndo sigo ben fodidiño T_T ) pois déuseme por entrar no blog e actualiza-lo ( síntoo polos demáis. Sen PC e sen cartiños non podía acceder :8 ) . O primeiro que fixen foi entrar en marcador galego e botares unha ollada os marcadores dos galegos da 3º , Negreira e Fabril . Foi a miña ledicia o ver que o Fabril gañara 0-2 e deixaba encarrilada o seu pase a 3º. Pero o Negreira empatara a 0 na casa .
Pregunteime se o Negreira xogara ben ou non ante o Conquense e déuseme por buscar o resumo do encontro. Nos informativos locais da TVG Santiago de Compostela deron un resumo do encontro e quero diciros a todos QUE O NEGREIRA FOI MOI SUPERIOR EN TODO O ENCONTRO con 2 boas ocasións para marcar no primeiro tempo, a de Tachi a máis clara. O Conquense só tivo un certo perigo a balón parado e pra iso , tirando polo medio e medio o porteiro. En fin , penso que deberiamos seres optimistas e afrontar que temos importantes opcións de chegares a 3º división. En canto os clubes con deudas, lin no blog de Toncholeto que parece ser que teñen preferencia os descendidos. Eu non teño novas de clubes da 3º con problemas económicos. De tódolos xeitos sinalar que de ascenderes, prefiro que sexa polos méritos deportivos da SD , a cal na fase regular acusou un inicio irregular do campionato ( sen contar a vergoña dos 3 puntos ante o Burela . Eles teñen dereito a reclamar pero eu non estou de acordo ca decisión ) .
En fin , agardar que o Negreira , que o considero dende sempre o segundo equipo da comarca por méritos deportivos e pola gran cantidade de santiagueses que alí xogan ; sexa quen de superares o Conquense.
FORZA COMPOS FORZA SD !!!!!!
P.D: De ascender debemos de ter en conta un par de factores : Serían 6 clubes galegos na 2º B, 2 recén ascendidos e un Ourense e Celta B con moitos apuros , así que de cumprirse a milagre será necesario quedar do posto 15 para arriba ca fin de evitar a cascada de descensos. agardemos que ningún clube galego perda a categoría pero estamos a falar de cuestións estadísticas e a probabilidade de que algún pinche é de considerar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario