lunes, 5 de marzo de 2007

A SD gaña 6-0 no talismán de Santa Isabel

O Valadouro saíu goleado de Santa Isabel complicándose o seu futuro na Preferente e na que só un milagre podería salva-lo de disputares a 1º autonómica o ano que ven. O marcador pode parecer moi claro. Sí , a SD foi claramente superior pero o seu xogo foi irregular, indo a tiróns o longo do encontro. Con isto refírome a que a SD relaxouse por exemplo despois do segundo gol e casi adicouse a conserva-lo resultado, o cal puido estar condicionado se o Valadouro houbese marcado as dúas ocasións que tivo co 2-0 que salvaron o longueiro e Toledo , que sen dúbida , é o mellor gardamallas da preferente. Na segunda metade chegaron os restantes goles dunha SD que relaxada , chegaba unha e outra vez a meta visitante. Adrián e Coria asinaron nos primeiros 15 minutos 3 goles máis que remataron ca resistencia do Valadouro que se limitou a rematar o encontro sen encaixar máis goles . Sen embargo nos últimos 5 minutos chegoulle un sexto gol que pechaba a goleada compostelanista.
Os goles foron asinados por Claudio ( o primeiro ) , Adrián ( os 2 seguintes ) , Coria , Faneca e Luís.

Notas :

SD Compostela : Un 9 . Empezou forte para encarrilares o partido , fíxoo e adicouse a non forzar e buscar a meta visitante con a tranquilidade que dan 2 tantos de vantaxe. Certo que o seu xogo foi un pouco irregular pero para meter 6 , hai que xogares ben. Felicidades a Luís , que co seu tanto pecha as bocas dos criticóns.

Valadouro : un 2 . Confirmouse como claro candidato ó descenso. Deséxoslle o millor pero moito van ter que cambiares as cousas coma para poder arranxares os desaxustes que , sobretodo a nivel defensivo posúen. Ademáis apreciei que non teñen un organizador claro do xogo na media.

Arbitro : un 8. Ben , tampouco tivo un encontro moi complicado e simplemente, direi que o colexiado non influiu para nada no xogo e estivo atinado .

No hay comentarios: