lunes, 26 de febrero de 2007

Derrota 0-1 fronte o Xove lago que nos coloca na 4º posición

Aliñacións :

Compostela : Toledo Adrián Mato (46") Faneca Cholo Jimmy (59") Damián Bocha (46") Pato Roberto Piñeiro Adrián Claudio (46") Luis (59") Coria (46") Rocha

Xove Lago : Rodrigo José Jesús Quico Álvaro Palmeiro (67") Anxo (70") Prosi (87") Recalde (76") Bena Iván (67") Pablo (70") Lamelas (87") Meitin (76") Pegueiras

A falta de puntería nos últimos metros foi parte do mal resultado colleitado ante o Xove Lago , que toma folgos de cara o seu obsextivo da permanencia. Nun centro do campo embarrado en lamentable estado ( en 3/4 no lado do Fondo Sur víanse os terróns , que vamos, menuda vergoña ) a única solución ofensiva é xogares o catenacho. Nembargantes, a SD comezou xogando ben malia o estado do terreo . Froito do seu dominio chegaron as primeiras ocasións pero nin Damián nin Piñeiro foron capaces de atinar entre os 3 paús. As ocasións máis claras para a SD chegaron por parte de Damián que só ante o porteiro mandou o balón demasiado cruzado e no remate do partido nun cabezazo que marchou por enriba do marco de Rodrigo.
No segundo tempo saíron Luís e Rocha e xogou cun 3-1-4-2 arriscando o máximo para tratares de empatar o partido ante un Xove Lago que fixo un bo partido e aproveitou unha das súas escasas ocasións. Pero o fútbol depende non só do bo xogo senon da efectividade e niso onte estivo mellor o Xove. Felicitar o clube visitante porque as cousas como son, xogaron ben ordeados atrás e os poucos erros que tiveron o Compos non os soupo aproveitar. Nos derradeiros minutos o Xove fixo todo o posible por manteres a vantaxe , destacando as pérdas de tempo que lles custaron varios cartóns amarelos , sendo o derradeiro o do número 9 ( desculpade os siareiros do Xove, pero non sei a qué xogador voso corresponde ese dorsal).
En canto a parte arbitral descatar , baixo o meu punto de vista , non estivo moi mal pese a algúns erros , se ben de consideración as amarelas por non ensinares as botas a un par de compostelanistas ( mirade a web de toncholeto que agora non sei quenes foron ) .


Notas :

Compostela : un 6 . Non xogaron mal , máis non estiveron o nivel doutros encontros e para colmo o campo estaba de pena.

Xove Lago : outro 6 . Aproveitou unha das súas poucas ocasións pero estivo ben en liñas xerais e o Compos non pudo aproveitar un dos poucos erros dos lucenses.

Arbitraxe : 5 . Erros importantes pero non condicionaron o resultado final.

1 comentario:

Unknown dijo...

Puse un enlace en mi blog al tuyo. Seremos pocos los aficionados, pèro por lo menos tratamos de informarnos.
un saludo