domingo, 16 de septiembre de 2007

VICTORIA 3-6 !!! O COMPOS ENDOSA 6 GOLES NA SUA VISITA A LARACHA

Pois iso 3-6. En canto haxa mais datos , terédelos eiquí e no blog de toncholeto ( e nos seus outros enlaces a máis blogs compostelanistas )

Siiiii !!!! A TERCEIRA OEEEE !!!!

sábado, 15 de septiembre de 2007

Vistazo a prensa : Laracha -SD

http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=302&idNoticia=209358

Laracha - SD 18:00h este domingo

Agardemos unha 4º victoria da SD compostela que chega ca baixa de Toni , que posiblemente abandone a disciplina da SD. Según lin en internet e no blog de toncholeto da SD parece ser que hai discordancias con baleato e decidíu liscar. Outras novas que chegan son historias da federación ... nada raro ... Cada vez que a SD vai ben sempre saen este tipo de rumores , noticias . Chamenlle como queiran.

Mais centrémonos no deportivo , cunha SD segunda , invicta , empatado co Vilalbés, que mañan visitará o campo do Laracha na procura de 3 puntos que o situen no máis alto da táboa.


Outros encontros da xornada :

R. Vilalbés - Noia

Somozas - Santiago

Agardemos unha victoria do Noia e un empate en Somozas para que a SD , se vence, se afiance con 12 puntos no 1º posto.

domingo, 26 de agosto de 2007

Obxetivo : Terceira división

Despois da polémica dos abonos ( a 100 eurazos ) volta a liga da preferente ca Sd co obxectivo de ascender de categoría . Eiquí tedes o link do Correo . agardemos esta tarde unha victoria fronte o recen descendido Bergantiños. A SD xogará cun 4-3-3 . Agardemos sorte e os 3 puntos. FORZA COMPOS !!!

http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=302&idNoticia=202594

sábado, 23 de junio de 2007

PRIMEIRO PASO ADIANTE CARA A TERCEIRA

O DEPORTIVO B EMPATA A 1 CO DON BENITO E SELA O SEU ASCENSO Ó BRONCE

Cos 2 goles de renda da ida , o Depor B aguantou a súa vantaxe e mesmo púxose por diante no encontro. O resultado final de 1-1 fai que o Verín acceda á terceira división e posibilite o ascenso da SD . Agardemos mañá a milagre do Negreira e que a mediodía de domingo , a SD sexa clube da 3º división.

Tamén felicitar o Rácing de Ferrol polo ascenso á segunda logo de facer bos os seus dous goles no encontro da ida ( 1-0 á volta ) .

E finalmente esperar mañá o milagre do Negreira. Eiquí tedes os enlaces con toda a información dos medios :

http://www.lavozdegalicia.es/se_deportes/noticia.jsp?CAT=107&TEXTO=5921556

http://sdnegreira.blogspot.com/

http://www.ubconquense.es/index2.php

http://www.diariolatribuna.com/Cuenca/secciones.cfm?secc=Deportes&id=482518

http://www.eldigitalcastillalamancha.es/deportes_articulos.asp?idarticulo=17163

miércoles, 20 de junio de 2007

O domingo as 2 da tarde saberemos se o Compos xogará na terceira ou non

O encontro do Fabril será sábado as 18:30 en Abegondo. En canto o Negreira xa sabedes que xogará o domingo ás 12h fronte o Conquense en Castela A Mancha.